Subscribe:

lunes, 10 de septiembre de 2012

O Centro Municipal de Información Xuvenil organiza un curso para emprendedores

O Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) informa sobre o novo taller Aprendendo a emprender que a Asociación de Emprendedores de Gailcia (ASCEGA) porá en marcha a partir do 27 de setembro en colaboración co Concello. O curso diríxese a persoas que, a partir dos 18 anos, teñan unha idea ou proxecto de negocio a desenvolver e que valoren, como opción de futuro, a iniciativa empresarial. O obxectivo do taller é que os participantes, a través de relatorios prácticos e con casos reais en primeira persoa, valoren e coñezan cales son os seus puntos fortes e oportunidades que lles permitan emprender novos proxectos de negocio. O taller Aprendendo a emprender arrinca o próximo 27 de setembro coa idea de que se repitan máis edicións ao longo do ano. Desenvolverase en sete sesións, de tres horas cada unha. Trátase dun taller dirixido a persoas interesadas no autoemprego e o emprendemento como unha alternativa real para o desenvolvemento persoal e profesional e para xerar emprego. Os talleres serán impartidos por membros de ASCEGA, así como empresarios.

0 comentarios:

Publicar un comentario