Agora xa sabemos até que ponto o buraco negro creado polo afán de lucro da banca foi "socializado". Así, entre outubro de 2008 e decembro de 2010 a bancocracia europea, que agora obscenamente impón a súa ortodoxia ultraliberal até nas constitucións de estados teoricamente soberanos e instala gobernos "técnicos", recebeu 1'6 billóns de euros públicos, 13% do PIB da UE segundo dados publicados nesta quinta feira pola Comisión Europea (CE).
Ao tempo, o apoio á economía real faliu e en 2010 destináronse 11.700 millóns. Por outras palabras, é urxente e prioritario obrigar aos estados a facer recortes para pagar aos seus acredores (por débedas contraídas por resgatar aos propios acredores ou contraídas dun xeito irregular) e non relanzar a economía, o investimento público e frear o desemprego...
0 comentarios:
Publicar un comentario