Subscribe:

lunes, 12 de diciembre de 2011

Concellos e deputacións subiron o gasto en persoal de confianza un 76% desde 2007

Mentres Xunta e Goberno central aplicaron recortes severos tanto nos seus persoais como no número de altos cargos, estas medidas de austeridade non tiveron reflexo de momento nos orzamentos das administracións locais. A pesar da crise e da asfixia financeira que padecen, tanto concellos como deputacións dispararon o gasto en persoal contratado a dedo nun 76% desde que se iniciou a recesión económica no ano 2007 e ata o pasado exercicio e ademais destinaron un 25% máis a pagar altos cargos.

O rechamante é que o maior incremento do gasto prodúcese precisamente no denominado "persoal eventual de gabinete", o que revela unha aposta cada vez maior de concellos e corporacións locais pola contratación "a dedo". 

Así, as partidas destinadas aos traballadores que conseguiron a súa praza tras aprobar unhas oposicións eleváronse só un 22,8% desde 2007, mentres que o orzamento para persoal de confianza creceu tres veces máis. 

0 comentarios:

Publicar un comentario