O paro subiu en novembro por cuarto mes consecutivo e rexistrou 59.536 desempregados máis no conxunto de España, o que supón un aumento do 1,37 % con respecto ao mes anterior e sitúa o total de parados en 4.420.462.
Baixou na Comunidade de Madrid (-4.013), pero subiu no resto de comunidades. Galicia encabeza esa clasificación negativa ao aumentar os demandantes en 11.274 persoas. Séguena Baleares (10.396) e Andalucía (8.315), segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Traballo e Inmigración.



0 comentarios:
Publicar un comentario